Folclore e espectáculo

Así, algunhas danzas representativas son de procedencia indíxena, como os "caboclinhos" e os "guerreiros". A achega dos europeos ?portugueses, españois, holandeses e franceses? evidénciase en forma de xogos, cantos e bailes: torneos de cabalaría ("cavalhadas"), combates entre "cristiáns" e "infieis"; vos "congos", de tema marítimo; os "fandangos" e as "chengancas"; as danzas típicas "ti- ra" e "chimarita", son algunhas desas contribucións.

Pero, sen dúbida, é a influencia africana transmitida polos escravos a que conferiu ás expresións populares do Brasil o seu carácter máis dis- tintivo. Esta notable herdanza inclúe instrumentos propios, danzas, riqueza melódica e rítmica, cegador colorido e expresión do máxico en certas cerimonias.

O "maracatú" é un desfile real africano de lucimento espectacular; a "caporeira", loita coreográfica que se representa cos pés e coa cabeza; o "xangó" de Pernambuco, a "macumba" de Río de Janeiro e os "candomblés" de Baía, son algunhas das cerimonias máis características.

Danzas moi difundidas son a samba, que se practica en escolas e báilase sen termo durante os famosos entroidos; o "bumbameu-boi", baile considerado por moitos como o máis notable e vistoso do Brasil, e no que se intercalan cánticos e pasaxes cómicas, curiosos pola súa orixinalidade e espontaneidade, e o "frevo", de ritmo frenético, outra das danzas brasileiras de maior significación estética.

Parte da alma popular son tamén algunhas celebracións relixiosas, como as "pastorinhas" de Nadal, a procesión dos Navegantes e Jemanjá, a noite de Fin de Ano, o "reizado", en Epifanía, a festa de San Juan e outras. O entroido é a festa por excelencia de Río de Janeiro.
Os "blocas" ?grupos carnavalescos?, as carrozas alegóricas, as "escolas de samba", con máis de cen acodes, cada unha vistosamente ataviada, irrompen polas rúas con disfraces, cancións e danzas folklóricas e fan desa festa un espectáculo único no mundo. A máis recente forma da música popular é o movemento renovador chamado "bossa nova".